Negocio
As empresas participantes xeran negocio, captan novos clientes e aceleran o proceso de vendas. Teñen tamén a oportunidade de gañar visibilidade no sector foodservice.
Tendencia
O Fórum é un catalizador de novidades; os expositores poden facer presentacións e degustacións dos seus produtos no espazo Ágora.
Contactos
O Fórum é visitado polos mellores cociñeiros do panorama actual, sempre interesados en coñecer novos produtos e últimas tendencias, e en atopar novos provedores. Unha inmellorable ocasión para as empresas expositoras.
Promoción
O evento convértese, antes, durante e tras a súa celebración, nun foco de atención mediática, e así se demostra en cada edición.